Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER denuncia a demolición parcial do colexio Igrexa

RR_Noticias

Aseguran dende a formación asemblearia que o alcalde lles trasladou aos responsables educativos que Fomento “precisa abrir o novo carril da autoestrada e para iso teñen que demoler parte do centro este verán e facer o muro de formigón que separará a tráfico dos nenos e nenas dende o vindeiro curso ata que se faga un novo centro educativo na finca da Ginaria”. Animan a cidadanía a mobilizarse para non permitir a apertura do carril ata que se proceda ao traslado do centro.

Explican dende AER que o que debería ser unha semana de fin de curso tranquilo no CEIP Igrexa de Chapela converteuse en días de preocupación e malestar para as nais e pais logo de que o alcalde lles trasladase a decisión de Fomento de facer o muro que vai separar o colexio da autoestrada pola necesidade de Fomento de abrir ese terceiro carril.
Critican o anuncio pero tamén que se faga fóra da comisión de seguimento e porque segundo asegura AER, o alcalde trasladou aos país e nais toda a responsabilidade do que poida acontecer no caso de que impidan a construción do devandito muro. Segundo a Agrupación de electores as palabras do alcalde foron “Fomento vai abrir o carril. Se nos negamos a facer o muro, van abrilo igual e vós seredes os responsables da seguridade dos nenos”.
Por ese motivo dende AER animan á veciñanza e ás asociacións a manterse unidos e “non ceder ante a presión e a chantaxe do Partido Popular e de Fomento” e denuncian “as falsas ameazas sobre a responsabilidade da seguridade do Colexio Igrexa, pois os únicos responsables son os organismos públicos: eles proxectan eles deciden. Ningunha nai, pai, mestre ou veciño de Chapela será responsable da seguridade dese centro”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará