Hoxe é Sábado 21 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco incorpora a Antón Vilas

RR_Noticias

O Choco continua coa preparación da vindeira tempada e pechou nas últimas horas a incorporación do prometedor Antón Vilas, vigués de 22 anos, que procede do Arosa tras comezar a pasada tempada no Izarra de Segunda División B. Con esta incorporación, o equipo de Marcos Montes reforza o xogo de ataque e suma ó seu equipo un futbolista de categoría sub-23.

Vilas formouse no Val Miñor de Nigrán e finalizou a etapa xuvenil no Areosa antes de pasar directamente á Terceira División no Rápido de Bouzas. É un futbolista de ataque, que pode xogar na posición de mediapunta ou como extremo. Polo tanto, engadirá variantes á liña de creación de Marcos Montes. Ademais, é un xogador de bo toque de balón e combinación, polo que se adapta as características de fútbol que practica o equipo de Redondela.
Coa chegada de Antón Vilas ó Choco, Marcos Montes xa dispón dun importante número de futbolistas confirmados para o vindeiro curso: Cortegoso, Adrián Aguiar -portería-; Yago Vázquez, Javi González, Gándara, Lucas, Ronald Lezcano -defensa-, Alberto Suárez, Gabi Misa, Marcos Pérez, Félix, Antón Vilas -centrocampistas e extremos-; Ricar e Silva (dianteiros). Deste xeito, o club conta cun grupo de 14 xogadores de nivel e espera mellorar nos próximos días o potencial do equipo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará