A Mesa pola Normalización aproveitou o día de Feira para achegar a Redondela a campaña de recollida de sinaturas a favor dunha ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) coa que reclaman plena igualdade de dereitos entre o galego e o castelán. Concretamente que se garanta a atención en galego nun ámbito tan básico como é o socioeconómico.
Denuncian dende a Mesa que se dan numerosas situacións nas que os galego falantes ven inculcados os seus dereitos “por exemplo cando nunha empresa non hai contratos en galego ou toda a información que nos ofrecen está exclusivamente en castelán”. Unha diminución de dereitos aínda máis grave cando se da en ámbitos como o da administración pública “sabemos de casos nos que algún paciente viu atrasada a súa intervención cirúrxica por reclamar que os impresos do hospital foran en galego” explica o coordinador da campaña Luís Pérez. A Mesa lembra que “a ILP pretende impulsar un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais, xa que a súa inexistencia, malia ser o galego unha lingua cooficial en Galiza, provoca continuamente situacións de vulnerabilidade, indefensión, denegación da atención e na prestación dos servizos”. As demandas concretas son que toda persoas que o desexe poida ser atendida en galego, que en todo caso se ofreza documentación no nosos idioma e que dende a Xunta inicie unha campaña de divulgación de cales son os nosos dereitos lingüístico. Dende o seu inicio levan recollidas máis de 20.000 sinaturas.