Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello pavimentará un tramo do paseo da praia de Cesantes

RR_Noticias

O tramo obxecto desta actuación, por valor de 17.318 euros, corresponde ao treito do paseo que vai dende o número 47 ao 55 (dende a rotonda ata o hostal Antolín). Os traballo foron adxudicados a empresa Fontefría SLU e o prazo de execución é de dez días. Ao tratarse dunha actuación no litoral esta obra precisa da correspondente autorización de Costas, que xa lle foi concedida.

O Concello decide acometer esta actuación porque dito tramo do paseo, coincidente coa finalización da urbanización, malia ser continuamente pavimentado a base de zahorra compactada presenta un firme cheo de fochancas. Para darlle unha maior durabilidade decídese pavimentar dito tramo con cemento. A obra ten un prazo de execución de dez días.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará