Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O I Tríatlon Concello de Redondela reunirá a 250 deportistas

RR_Noticias

A proba celebrarase o sábado 22 de xullo en horario de tarde e o prazo de inscrición para se inscribir está aberto ata o martes día 18. Os participantes deberán superar 750 metros a nado, 20 kilómetros sobre a bicicleta e 5 a pé, nun percorrido que arrancará no peirao de Cesantes.

Dentro da aposta que a Concellería de Deportes está a facer de cara a incrementar a oferta deportiva en Redondela, organizan en colaboración coa Asociación CAR a I tríatlon Concello de Redondela na que contemplan a participación dun total de 250 deportivas. O director da carreira, Miguel Fernández explica que ese é o límite establecido pola organización para esta proba na que confían se cubran todas as prazas “por tratarse dun deporte con moito seguimento na provincia e actualmente de moda grazas a deportista de renome como Javier Gómez Noya ou Iván Raña”. A carreira contempla 750 metros de natación, 20 kilómetros en bicicleta e 5 kilómetros a pé con inicio no peirao de Cesantes. Será nos puntos de transición (porto de Cesantes e na Alameda) onde se produza a maior expectación por parte do público, a quen Fernández anima a asistir por tratarse dun “deporte moi atractivo visualmente”. A inscrición, que ten un custe de 12 euros no caso dos deportistas federados, 12 euros máis o seguro para o resto dos inscritos, deberá realizarse on-line, a través da web da Federación galega de triatlón www.fegatri.org.  

Miguel Fernández director de carreira
Unha proba que se engade ao intenso calendario deportivo de Redondela
Percorrido
750 metros a nado 20 kilómetros na bici e 5 a pé
Unha disciplina en auxe
Atractiva para os deportistas e para o público

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará