Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Regresa a música á praza de Meixón Frío

RR_Noticias

Durante as vindeiras semanas e ata finais de agosto, os locais Café da Vila e a Tenda de Candelaria propoñen gozar da música e dos espectáculos en directo con diferentes artistas que pasarán por esta praza dentro da programación do Meixón Music. Cándido Pazó, Tatán, Alberto Vilas son algúns dos artistas que actuarán os xoves ás 21:00 horas. A primeira das propostas (logo de que o mal tempo obrigase a cancelar o concerto de Peter Village previsto para a semana pasada) será o xoves 13 con Sabina y Compañía.

A banda homenaxe a Joaquín Sabina será a encargada de abrir esta programación que se desenvolverá ata o 31 de agosto. Unha programación na que se inclúen diferentes estilos e formacións como Octopus (xoves 20) ou o pianista redondelán Alberto Vilas quen actuará o último xoves deste mes acompañado de Diana Tarín.
A formación musical de Lenda “Mercores musicais” será a encargada de abrir o mes de agosto o xoves día 3, seguiralle Tatán co seu disco Chapeu o día 10 e a música folk do grupo Tanto nos ten.
Xa na segunda quincena de agosto o Meixón Music aparca a música para escoitar as historias de Cándido Pazó. A Rondalla de Redondlea será a encargada de pechar o programa o xoves 31.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará