Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o ano dedicado á Mestra Paulina cunha exposición no Multiúsos

RR_Noticias

Paulina Sánchez Otero, coñecida como a Mestra Paulina, será a protagonista de diferentes actos de homenaxe e lembranza organizados dende a Concellería de Cultura co gallo da súa elección como Persoeira do Ano 2017. As actividades previstas arrancan este venres coa inauguración ás 20:00 horas dunha exposición no Multiúsos e completaranse cun audiovisual en torno á súa figura, a edición dun libro fotográfico e a colocación dunha placa na que fora a súa residencia na Praza da Constitución.

Paulina Sánchez Otero (Redondela 1898/1971) foi mestra en diferentes localidades, entre elas en Redondela desenvolvendo un traballo que a faría merecedora da Medalla de Alfonso X El Sabio. Chega agora este recoñecemento póstumo que parte ademais das que foran as súas alumnas “As rapazas de Paulina” quen salientan o importante traballo pedagóxico realizado pola mestra nuns tempos escuros nos que moitos dos seus alumnos vivían situación difíciles económica e socialmente. Unha muller que “educou a unha xeración de homes e mulleres que aínda lembran a súa persoa con nostalxia xa que foi quen de darlle algo de luz nun anos moi escuros, sementando o amor con maiúsculas pola cultura nos seus alumnos e no seu pobo”. E precisamente aproveitando as testemuñas de todos os que foran os seus alumnos xa se traballa na elaboración dun audiovisual que servirá para espallar a súa figura tamén entre os escolares. Paulina Sánchez acadou a titulación na Normal de Pontevedra e durante un tempo tivo escola na rúa Isidoro Queimaliños con Carmiña Lago. Ensinou en Cedeira, Cesantes, Fofe, Budiño (Porriño), Moreira (Soutomaior) e Reboreda entre outras, pasando a maior parte da súa carreira en Ventosela (1952-1966). Tanto nestas escolas como na vila de Redondela impulsou numerosas actividades para nenas e nenos: teatros, ballets, recitais poéticos, zarzuelas…; sendo axudada por outras mestras como Esmeralda Cal e Carmiña Lago. Paulina Sánchez segue así os pasos doutros veciños insignes homenaxeados en edicións anteriores como Casto Sampedro (2012), Alejandro Otero (2013), Rita Otero (2014) e Telmo Bernárdez (2015).  

Teresa París concelleira de Cultura
Lembra a figura da Mestra Paulina
Exposición e audiovisual
A mostra inaugúrase o venres 14 ás 20:00
Placa na Praza da Constitución
Na que fora a súa residencia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará