Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Agustín Reguera “A denuncia do BNG é falsa, tramitáronse todas as mocións aprobadas”

RR_Noticias

O alcalde de Soutomaior desminte rotundamente as acusacións do BNG nas que o seu voceiro Manu Lourenzo aseguraba que o goberno local non estaban a tramitar as mocións aprobadas en pleno. Reguera cualifica a acusación de “absolutamente falsa” e apoia este desmentido cunha copia de diversos expedientes que si foron tramitados. Cualifica as declaración de Lourenzo como “unha mentira máis da campaña de difamación que o BNG está levando a cabo e que non coñece límites”.

Para demostrar a falsidade das acusacións da oposición, o alcalde achegou copias de varios expedientes dos plenos municipais remitidos durante os últimos anos ás diversas instancias recollidas na lei, ademais das aprobadas durante o transcurso de cada pleno. O rexedor local explicou que todas e cada unha das mocións que se discuten no pleno son remitidas “sempre e por imperativo legal, á Xunta de Galicia e á subdelegación do goberno. Ademais, cada moción que se aproba remitir a outro organismo envíaselle tamén de maneira individual”. Na lista de mocións enviadas a estes organismos concretos aprobados en cada moción pódense observar institucións como o Congreso dos Deputados, a súa presidenta Ana Pastor, diversos ministros, o presidente do Goberno, e moitos outros. Puntualiza que tan só nunha ocasión non se cumpriu con este requisito e foi por un erro administrativo que xa está subsanado. Sobre un posible debate formulado dende as filas dos nacionalistas para abordar esta cuestión Reguera explica que non recibiu ningunha proposta oficial e insiste en que se trata “dunha polémica como moi pouco percorrido que lle serve ao BNG para ter protagonismo, pero que non da para máis”.  

Agustín Reguera alcalde de Soutomaior
Acusa ao BNG de mentir
Todas as mocións tramitadas
Faise por imperativo legal
Un cara a cara
Unha proposta que non recibiu malia que os nacionalistas si a anunciaron nas redes sociais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará