Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG reclama a cesión do Colexio Igrexa ao Concello para uso dos veciños

RR_Noticias

Explican os nacionalistas que a día de hoxe unha das carencias máis importantes en Chapela é a ausencia de equipamento e espazos dos que poidan facer uso as diversas entidades culturais e sociais que desenvolven a súa actividade na parroquia. Ante esta necesidade, o BNG aposta polo traspaso do Colexio Igrexa a mans do concello unha vez que a actividade docente se realice integramente no novo colexio que se vai construír na finca de Ginaria.

Neste sentido presentan unha moción instando ao alcalde a que realice as xestións permitentes ante AUDASA e o Ministerio de Fomento, para que os edificios educativos e vivendas escolares pasen a mans municipais. Explican dende o Bloque que unha das maiores demandas que no presente se están a formular nesta parroquia consiste na dotación e cesión de locais de calidade para diversas entidades culturais e sociais.
Por outra banda engaden o CEIP Igrexa “vai quedar desafectado da actividade docente en pouco menos de dous anos. Na actualidade ocupa unha superficie duns 1.800 metros cadrados, con arredor de 1.900 construídos. No edificio educativo, ubícanse 9 aulas, ximnasio, sala de mestres e edificio administrativo.  Antigas vivendas dos mestres e mestras, ubícanse igualmente nesta parcela”.
A construción do novo colexio Igrexa vai supoñer que o actual edificio e os terreos nos que se atopa ubicado, pasen a mans da concesionaria da explotación da autoestrada AUDASA, para seren transmitidos ao Ministerio de Fomento. “No acordo de marzo de 2015 recóllese a demolición dos edificios”. Dende o BNG apostan porque estes edificios pasen a mans do concello para darlle uso dotacional. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará