Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Conservatorio afianza a súa proxección internacional coa súa incorporación á Unesco

RR_Noticias

O Conservatorio e a escola de Música Victor Ureña de Redondela ven de iniciar os trámites para incorporarse á Rede de Escolas da Unesco. Trátase dunha rede mundial constituída por unhas 10.000 institucións educativas de preto de 200 países. A súa inclusión nesta rede permitiría ao centro de Redondela “ampliar a súa dimensión internacional”.

Nesta rede atópanse centros de ensino preescolar, primaria e secundaria ata escolas de formación profesional, institutos e outros centro docentes que traballan en pro da paz, o diálogo intercultural e o desenvolvemento sostible. Características todas elas nas que xa destaca o Conservatorio de Redondela segundo explicou a representantes da Unesco Luísa Márquez. Iníciase agora un proceso que ten unha duración aproximada dun ano e que rematará previsiblemente coa incorporación de facto do Conservatorio a esta rede de escolas. Redondela converteríase así no segundo conservatorio galego, xunto co de Pontevedra, en contar con este recoñecemento. Ao acto asistiron o alcalde, Javier Bas, as concelleiras de Ensino e Benestar Social, Angela Antón e Carmen Amoedo, e en representación do conservatorio a directora Elisa Arias e o xefe de estudos José Pérez. En representación da Red de Escolas da Unesco participou a súa coordinadora en Galicia, María Luísa Márquez. Bas salientou que “esta iniciativa supón un paso máis na consolidación do conservatorio que xa ten un importantes prestixio na súa labor a prol da equidade e a creatividade”.  

Luísa Márquez Coordinadora rede Escolas da Unesco
Unha rede con máis de 10.000 escolas
Dende o local ao global
Fomentar a internacionalización
Javier Bas alcalde
Consolidación do conservatorio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará