Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de Veciños oponse a calquera intento de legalizar o polémico edificio de Chapela

RR_Noticias

Instan ao alcalde e ao goberno local a desbotar a proposta de legalizar o edificio que se atopa na rotonda de acceso da AP-9 en Chapela (nas inmediacións do Centro de Saúde) e que dende hai dúas décadas é todo un símbolo das ilegalidades urbanísticas. Rexeitan que se use ese inmoble para dar servizo ás asociacións da parroquia “polo elevado custe que conlevaría a súa adquisición e acondicionamento, porque a súa legalización suporía promover as ilegalidades urbanísticas e porque existen outras alternativas moito máis económicas e axeitadas”.

O presidente da Asociación de veciños de Chapela, Marcial Pérez, cualifica de despropósito a decisión adoptada no Consello parroquial a instancias da asociación de afectados pola AP-9 e que pasa por estudar a posible legalización do edificio que se atopa na rotonda de acceso á autoestrada. Todos os partidos da oposición votaron en contra -PSOE, AER e BNG- pero a proposta saíu adiante ao contar co apoio de PP e o resto de colectivos presentes nese órgano, no que non está a Asociación de Veciños. Ademais de denunciar a composición deste Consello, o presidente do colectivo veciñal denuncia que se pretenda legalizar un edificio ilegal o que suporía “beneficiar a uns promotores particulares a cargo das arcas municipais”. En canto ao argumento da necesidade de locais para as asociacións da parroquia e outros servizos municipais explica Marcial Pérez que existen outras alternativas menos gravosas e máis axeitadas, como acondicionar as casas dos mestres do Colexio Igrexa que quedarán baleiras en canto as clases se trasladen ao novo centros na Finca da Ginaria.  

Marcial Pérez AVV Chapela
Instan ao goberno local a desistir no estudio da posible legalización do edificio
Promover as ilegalidades urbanísticas
Non entenden como o grupo de goberno pode votar a favor
Outros locais
Lembran que existen outros espazos que poderían destinarse a uso dotacional

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará