Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reclaman a mellora e conservación da ponte medieval de Ponte Sampaio

RR_Noticias

O Bloque Nacionalista Galego leva ao Parlamento de Galicia unha proposición non de lei polo estado de conservación da ponte medieval de Ponte Sampaio. O seu obxectivo é promover a mellora desta infraestrutura, que ademais de contar cunha importante historia, é a vía de comunicación con Arcade. Pola ponte medieval circulan diariamente numerosos vehículos e peóns.

O BNG solicita unha intervención integral en toda a zona ao longo do próximo ano, poñendo como prazo para presentar o proxecto tres meses. A ponte medieval e a súa contorna teñen, segundo recollen os nacionalistas, diversas carencias que é preciso corrixir. Entre elas destacan a limpeza e mantemento da ponte co obxecto de mellorar a súa imaxe, instalar nova iluminación que substitúa á vella, que ademais é insuficiente e sería preciso modernizar. Advirten da proliferación de postes, paneis, placas e outro mobiliario urbano que distorsiona a harmonía do monumento, e que debería ser racionalizada. Engaden que o estado de abandono do monumento conmemorativo do arranxo do camiño real entre Santiago e Ponte, obra promovida polo arcebispo Malvar a comezos do século XIX, desloce unha infraestrutura “sobre a que se librou a última batalla do exército napoleónico en retirada de Galicia”. Na mesma proposición non de lei piden que se mellore a sinalización para previr os habituais accidentes de vehículos que danan os petriles, xa que a ponte forma parte do trazado da estrada PO-264, viario autonómico que atravesa os núcleos urbanos de Ponte Sampaio e Arcade, polo que a súa conservación e mantemento é competencia da Xunta. Como outras moitas pontes, ten tamén asociado un rico patrimonio inmaterial. E diariamente é atravesada por un elevado número de peregrinos que percorren o Camiño Portugués.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará