Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trespés propón tirar proveito de leiras abadonadas coa plantación de maceiras autóctonas

RR_Noticias

A cooperativa redondelá pon en marcha unha iniciativa innovadora baseada nun recurso histórico da nosa bisbarra, como é a mazá. O que buscan son persoas con terras en abandono e que teñan interese en poñer en marcha algunha produción.

Dada a tradición de cultivo da mazá na zona de Redondela, apostan por este froito para recuperar terreos con plantación de variedades tradicionais. O técnico Alberte Román explica ademais que o “crecente interese da industria pola comercialización de sidras artesanais” fai deste cultivo un recurso “con moito futuro”. Poñer en valor terreos actualmente abandonados tería, suporía non só un beneficio para os seus donos, sernón tamén para toda a contorna, xa que deste xeito as leiras estarían limpas, evitando o perigo de incendios. Desde Trespés entenden que este cultivo podería chegar a ser “a actividade principal” do propietario da leira, ou ben unha actividade “complementaria” da súa renda, xa que se trata dun tipo de explotación “que non require de coidados diarios”. O proxecto ten unha perspectiva de formación “informal”. Os participantes farán diferentes visitas a produtores de mazá, empresas de transformación, sidrarías, cooperativas de produtores e viveiros de maceiras autóctonas. O obxectivo é que os propietarios de terreos que estean interesados facer a súa propia plantación, poidan coñecer a realidade do contexto do cultivo en Galicia. Haberá dúas saídas, unha á zona da Estrada e outra á zona de Chantada. No programa poderán participar un máximo de 20 persoas. Os participantes terán todos os gastos pagos, transporte e xantar no dia da visita, xa que a iniciativa está subvencionada pola Xunta de Galicia. As visitas realizaranse a finais de setembro, e haberá unha xuntanza previa en Redondela con todas as persoas seleccionadas. Os interesados deben poñerse en contacto coa cooperativa Trespés, no enderezo electrónico info@trespes.org.

Alberte Román de Trespés
A mazá é un recurso histórico de Redondela que agora está en auxe coa comercialización de novas sidras artesanais.
A mazá como recurso
A platación de maceiras podería entenderse como a actividade principal do propietario ou como un ingreso complementario.
Visitas a empresas
Os participantes coñecerán plantacións sidrarías e viveiros de maceiras na Estrada e Chantada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará