Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis seguridade no acceso á igrexa de Nespereira

RR_Noticias

A Deputación de Pontevedra é a responsable das obras de mellora no cruzamento da estrada provincial EP-2702 co acceso á igrexa de Nespereira,en Pazos de Borbén. A reforma permitirá unha mellor visibilidade, xa que se ampliará a superficie da vía en ambas as marxes, crearase un carril de espera e instalaranse bandas redutoras de velocidade, coa limitación de 30 quilómetros por hora.

O concurso de ofertas promovido pola Deputación para as obras de mellora da seguridade viaria no cruzamento da estrada provincial EP-2702 co acceso á igrexa de Nespereira, en Pazos de Borbén, recibiu 16 propostas de empresas construtoras. Segundo explicou o deputado provincial, Uxío Benítez, os técnicos do departamento de Mobilidade decidirán nas próximas semanas cal é a mellor proposta técnica e económica entre as candidatas para proceder á súa adxudicación. Se todo o proceso administrativo vai segundo o previsto, as obras poderán iniciarse no outono. O obxectivo do proxecto é aumentar a seguridade viaria e a visibilidade nunha intersección na qu ese produciron varios accidentes de tráfico. A obra permitirá unha mellor visibilidade, xa que se ampliará a superficie da vía en ambas as marxes, crearase un carril de espera e instalaranse bandas redutoras de velocidade, coa limitación de 30 quilómetros por hora. O orzamento da actuación ascende a 85.506 euros, que foran comprometidos polo responsable de Mobilidade ao alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Igrexas, nunha visita o pasado mes de novembro. Desde entón, redactouse o proxecto e iniciouse o procedemento expropiatorio, que se resolveu nas últimas semanas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará