Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A enseada de San Simón alberga especies de algas cun alto valor culinario e cosmético

RR_Noticias

As caraterísticas especias do litoral de Cesantes, no fondo da Ría de Vigo, fan que as especies naturais que nel se atopan sexan diferentes ás que existen noutros punto da costa. Tamén no caso das algas. Un paseo polo litoral que celebra este sábado permitirá a todos os interesados coñecer a súa importancia no ecosistemas mariño.

A actividade, organizada pola concellería de Medio Ambiente, estará dirixida por Marcelo Rodríguez, de Faia Educación Ambiental. Os participantes coñecerán a importancia das algas en usos tradicionais como o de fertilizante para os cultivos, pero tamén noutros máis novidosos como son os usos gastronómicos ou na industria da cosmética. O técnico explica que no litoral redondelá existen varias especies de alto valor culinario como a leituga de mar, e outras que se utilizan na elaboración de cremas hidratantes. O obxectivo desta actividade é “poñer en valor” a importancia das algas, como un elemento “imprescindible” para a vida dos ecosistemas mariños. A saída terá lugar o sábado 5 de agosto ás 10:00 horas dende a Praia da Punta de Cesantes, e percorrerá o litoral ata Soutoxuste. Está aberta a todo o público en xeral, xa que Marcelo Rodríguez entende que a educación ambiental debe chegar “a toda a sociedade”. A actividade é de balde per oprecisa inscripción previa no teléfono 986 400300 ou no enderezo electrónico medioambiente@redondela.gal.

Marcelo Rodríguez Faia Educación Ambiental
O técnico explica que a enseada de San Simón conta cun tipo de algas diferentes ás que se dan noutros puntos da ría máis próximos ao mar aberto.
Leituga de mar
Existen especies no litoral de Cesantes moi apreciadas na cociña e na industria cosmética.
Educación ambiental
A charla está dirixida a todo tipo de público.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará