Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A IV Travesía a Nado San Simón agarda reunir 300 deportistas na enseada

RR_Noticias

A asociación deportiva C.A.R., en colaboración co Concello de Redondela, organiza un ano máis a Travesía a Nado San Simón. Será este sábado, día 12, a partires das 18.30 horas, con saída na praia da Punta, en Cesantes. Poden participar nadadores a partires dos 14 anos, e o prazo de inscripción está aberto ata o mañá xoves, día 10 de agosto.

Fracisco Otero, presidente da asociación deportiva C.A.R., explica que o percorrido será de 1.500 metros ao redor da illa, con saída desde a praia da Punta. As inscricións poden facerse na plataforma de internet championchipnorte ou presencialmente na zapatería Susuela, na rúa Adro de Redondela. As inscricións pecharanse o xoves 10 de Agosto ás 23:59 da noite ou ao completar o límite de 300 inscritos. O prezo da inscrición é de 8 euros e inclúe: participación na travesía, avituallamento, seguro de accidentes, gorro, obsequio conmemorativo, un aperitivo tras finalizar a travesía e premios para o tres primeiros. Ademais un euro da cada inscrición ira destinado a ONG Daman, organización galega polo desenvolvemento. Recibirán trofeo os tres primeiros clasificados nas categorías masculina e feminina, e haberá un premio especial para o primeiro nadador e a primeira nadadora de Redondela.

Francisco Otero presidente de C.A.R.
O percorrido será de 1.500 metros con saída na praia da Punta.
Travesía solidaria
O prezo da inscrición inclúe un donativo a ONG Daman.
Un marco inmellorable
Otero salienta a beleza da enseada de San Simón para a realización de probas como este travesía.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará