O C.C.R. de Chapela organiza a Feira do Mar e a Festa do Mexillón no paseo marítimo da parroquia. As actividades comezarán o venres, e prolongaranse durante toda a fin de semana con degustacións de produtos do mar, actuacións musicais, feira de artesanía e deporte náuticos.
A Feira do Mar comezará o venres, día 11, con actividades durante todo o día, coa presenza dun pulpeiro e postos de venda de artesanía. Pola tarde os que o desexen poderán practicar flyboard, e outros deportes náuticos como kaiak e paddel surf. Para realizar unha sesión de sesión de flyboard é preciso facer unha reserva previamente no teléfono 622775353. Pola noite tamén haberá actuacións musicais para amenizar a velada. O sábado comeza tamén a Festa do Mexillón, que arranca ás 18.00 horas. O sabroso bivalvopoderá degustarse ao vapor, á vinagreta, en escabeche ou en empanada de millo e de trigo. Pulpeiro. Ás 21,00 horas actuará o dúo Ana e Ricardo.O domingo a festa continuará ao longo de toda a xornada, e seguirá estando a disposición de todos os interesado a práctica do kaiak e paddel surf.