Redondela e as súas parroquias acollen tres días de itnensa actividade. O grupo vigués El Sol Desnudo actuará esta noite na Alameda de Chapela, onde mañá haberá un espectáculo de ilusionismo co Mago Richard. A Praza da Casa da Torre acolle o sábado o concerto do músico e compositor mosense Xulio Lorenzo. A oferta gastronómica estará en Chapela coa Feira do Mar e Festa do Mexillón que organiza o C.R.C. de Chapela desde hoxe venres e ata o domingo.
Venres 11 de agosto
Feira do Mar e Festa do Mexillón. Ao longo de todo o día no paseo marítimo de Chapela, con degustación de produtos do mar, deportes náuticos e actuacións musicais. Prolongarse duarante toda a fin de semana.
22.00 horas Concerto do grupo vigués El Sol Desnudo na Alameda de Chapela. O dúo formado por Paco Araújo e José Teo Andrés combina a electrónica cos acústicos das guitarras.
Sábado 12 de Agosto
18.00 horas IV Travesía a nado San Simón desde a praia da Punta, en Cesantes
20:30 horas Espectáculo de ilusioinismo co Mago Richard na Alameda de Chapela
22:00 horas Concerto de Xulio Lorenzo, que presenta na Praza da Casa da Torre o seu primeiro traballo en solitario, Cantos da ialma. O músico e compositor de Mos formou parte do grupo redondelán Eimiñavella e da banda de gaitas Xarabal
22.00 Dj Marcos Magan con Disco eMe Music, nas festas de Reboreda
Domingo 13
18:30 Concerto da Orquestra de Saxos en no Palco da Música de Reboreda.
23.00 Concerto do cantante e compositor Guillermo Castro nas festas de Reboreda.