Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Poxa polas uvas do castelo de Soutomaior

RR_Noticias

A Deputación de Pontevedra iniciou a poxa da colleita de albariño, que establece un prezo mínimo dun euro por cada quilo. As viñas do castelo presentan este ano un notable aumento da produción, e agárdase unha colleita superior aos 18.000 quilos.

Coma cada ano, o ente provincial iniciou o procedemento aberto da poxa pública da uva albariña da leira do castelo de Soutomaior. Son máis de catro hectáreas de vides, e este ano agardan vendimar máis de 18.000 quilos, un aumento considerable fronte aos máis de 16.000 quilos que se recolleron o ano pasado, e os 14.700 quilos do ano 2015. As empresas interesadas en vendimar as uvas que se producen na finca do castelo de Soutomaior poden presentar as súas ofertas, ata o próximo día 19 de agosto, partindo do prezo mínimo establecido nun euro por quilo de uva. A adega gañadora será a encargada de levar a cabo a vendima, a recollida e tamén o traslado da uva. O único criterio de adxudicación que terá en conta a deputación será a poxa máis alta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará