Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, o forno das Rias Baixas

RR_Noticias

A Estación Meteorolóxica do Viso rexistrou na xornada de onte unha temperatura máxima de 39,9º, a máis alta de todas as Rías Baixas. O rexistro máis alto de toda Galicia foi no municipio ourensán de Arnoia, onde o pico alcanzou os 41,9º.

Os termómetros alcanzaron onte no sur de Galicia as temperaturas máis altas do verán. As máximas bateron marcas onte en numerosas localidades, nas que se viviu unha xornada especialemente calorosa. O rexistro máis alto das Rías Baixas deuse en Redondela, con 39,9º. A anterior marca da Estación Meteorolóxica do Viso fora de 36,7º. Os municipios de Arnoia e de Leiro, en Ourense, alcanzaron os 41,9º e 41,5º, respectivamente, e Tui chegou aos 40,9º, os niveis máis altos do verán. Tamén en Vigo bateuse a marca da época estival este ano, cun nivel máximo de 35,5º. A estación de Ponteareas rexistrou onte un máximo de 39,5º; a da Lanzada, 37,7º, e a de Mos, 37,7º. A alerta laranxa mantense hoxe na zona Miño de Pontevedra, do mesmo xeito que na conca do Miño en Ourense e Valdeorras, mentres que o litoral e o interior de Pontevedra, o sur de Ourense, a montaña de Lugo e o interior da provincia da Coruña estarán en alerta amarela. Só o litoral da Coruña e a costa de Lugo manteranse sen aviso. O episodio de altas temperaturas durará ata hoxe, xa que mañá espérase que entre vento do oeste, un vento húmido que achegará humidade á franxa atlántica e suavizará as temperaturas, aínda que estas continuarán en valores altos. Así, para Redondela e Vigo espéranse máximas de 27º, mentres que para Ourense agárdanse máximas de 36º. A situación de estabilidade atmosférica manterase polo menos ata o mércores, segundo as predicións de Meteogalicia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará