Un grupo de alfombristas de Redondela participarán esta fin de semana no evento “Alfombras no camiño de Santiago, arte efímera para a paz do mundo” que se celebra na Praza do Obradoiro, en Santiago. As alfombristas elaborarán unha peza floral onde representarán símbolos da vila .
Os traballos de elaboración da alfombra realizaranse o sábado pola tarde, e o domingo a alfombra lucirá nesta emblemática praza compostelá. Este evento está organizado por Turismo de Galicia en colaboración coa Comisión Internacional de Alfombristas de Arte Efímero, a Coordinadora de Alfombristas Galegos e a Federación Catalana Catifaires. Os veciños interesados en acudir o domingo para ver o traballo feito polas alfombristas redondelás e as de outras localidades, poden reservar praza na viaxe organizada desde Redondela. A excursión con autobús, comida e seguro ten un custe de 20 euros. Para información e reservas poden chamar ao 986.125.438.