A asociación veciñal e cultural de PozoVello, en colaboración co Concello de Soutomaior, organiza este domingo, a partir das 17:00 horas, a súa tradicional Baixada de Carrilanas, que este ano alcanza a súa XIV edición. A proba conta este ano cun novo circuíto preparado polo Concello, polo que o evento trasladarase desde a zona da Montesiña a Arcade de Arriba.
O novo trazado é a principal novidade desta ano, xa que será un circuito máis técnico e longo que o anterior situado na Montesiña. O novo percorrido foi preparado segundo as indicacións dos organizadores para poñer a proba a pericia dos condutores e os seus vehículos, con curvas complexas, desniveis e variantes rápidas e lentas. A competición dividirase en 8 categorías, C4-C8, C1-C4, Rodamentos RX, Grabity Bike GB, Skeleton SK, Drift Triplo DT, CX colectivo e CX Individual. Os organizadores do evento amosáronse moi satisfeitos co cambio, e esperan unha gran afluencia de público de toda a comunidade, ao tratarse dunha das probas da categoría con máis renome na provincia, e puntuable para a Copa Galicia.