Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O país dos instrumentos está en Chapela

RR_Noticias

Musicolandia, o país dos instrumentos, é o título do concerto didáctico que este sábado ofrecen a Banda e a Escola de Música de Chapela. Será na Alameda, e participará o grupo de teatro Tarabelos. Unha cita musical e divertida para achegar aos máis pequenos ao mundo da música e os instrumentos.

O público infantil ten unha cita est sábado, 2 de setembro, coa Banda e a Escola de Música de Chapela. Ofrecerán un concerto didáctico pensado e creado exclusivamente para os máis pequenos, un novo espectáculo cargado de música , xogos e humor. A banda estará acompañada polo grupo de teatro Tarabelos, que se encargará de contar todo o que alí vai acontecer, nun concerto con moitas sorpresas. Andrés Álvarez, director da Banda de Música, explica que será un xeito ameno de achegar aos máis pequenos ao mundo da música. Unha cita para nenos, nenas “e maiores acompañados” ás 19.00 horas na Alameda de Chapela. A Escola de Música de Chapela arranco o novo curso con este concerto para dar a coñecer a súa proposta formativa. Nenos e adultos de calquera idade poden cursar estudos no centro, xa que contan con toda clase de instrumentos e tamén clases de linguaxe musical e canto.

Andrés Álvarez director da Banda de Música
Un concerto didáctico para achegar a música aos nenos dun xeito divertido.
Escola de Música de Chapela
A escola ofrece formación musical e de canto para todas as idades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará