A Agrupación de Electores solicita que se contrate como mínimo a un traballador social adicional de xeito permanente ante a “grave saturación que presenta o servizo” o que leva a que se acumulen os expedientes e se adíe a súa tramitación. Responsabilizan desta situación ao goberno xa que malia recoñecer as carencias do servizo “por non facer nada por solventalas”.
Unha situación que, segundo explica a Agrupación de Electores, recoñece a propia responsable do departamento Carmen Amoedo nun escrito no que se especifica os motivos polos que é preciso dotar este servizo dun maior número de traballadores e substituír as baixas que se produzan por mor das vacacións dos traballadores actuais. En dito escrito, do pasado mes de xullo, enuméranse unha serie de deficiencias e problemas detectados en servizos sociais como por exemplo expedientes atrasados e pendentes de tramitación, a saturación da cita previa así como un aumento da carga de traballo e dos expedientes xestionados dende este departamento.
Engaden dende AER que a situación actual dos servizos sociais é recoñecida polo goberno local como moi grave “malia o cal resulta moi preocupante que non se tomen medidas contundentes para solventar esta situación mais aló de pequenos parches ao contratar ata o mes de maio a súa traballadores mediante bolsa do programa de Deputación e unha auxiliar administrativa ata decembro do presente ano”.
Dende AER reclaman entre outras cuestión que se contrate como mínimo a un traballador socias adicional de xeito permanente.