Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Conservatorio e a Escola de Música abren o prazo de matrícula ata o 15 de setembro

RR_Noticias

O Conservatorio Profesional de Música de Redondela e a Escola Municipal de Música teñen aberto o prazo de matrícula ata o próximo día 15 de setembro, para os alumnos con materias pendentes e para os que non puidesen formalizar a matrícula no mes de xullo. Ata o día 11 poderase formalizar de 10 a 14 de luns a venres, e desde o día 11 ata o 15 en horario de tarde. As probas de acceso para o conservatorio a outros cursos serán os días 11 e 12.

As especialidades nas que se poden matricular no conservatorio son: piano, violín, saxofón, clarinete, percusión, frauta travesera, trompeta, trompa, trombón e tuba. Na escola de música impártense as mesmas especialidades ademais de gaita, guitarra, teclados,percusión tradicional, oboe, música moderna, música e movemento a partir dos 3 anos, conxunto instrumental a partir dos 6 anos e curso preparatorio para o conservatorio a partir dos 7 anos, canto moderno para nenos e adultos e coro infantil, banda infantil, orquestra moderna e big-band.
Desde o centro animan a todos os amantes da música tradicional a participar nun grupo de música tradicional que se iniciará este curso con todos os alumnos de gaita e percusión tradicional
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará