Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música folk, gastronomía e deporte na VII festa Popular Froles Mareliñas

RR_Noticias

Fomentar a convivencia entre os veciños e ofrecer unha xornada de actividades variadas é o obxectivo da asociación Froles Mareliñas que organizan este sábado a VII festa popular que terá lugar na Alameda de Chapela e que inclúe citas deportivas e musicais cunha verbena a partir das 21:00 horas na que actuarán os grupos Choran As pedras, os Escaravellos e Mini e Mero.

Unha festa popular que a asociación organiza por sétimo ano consecutivo e que arrancará na mañá do sábado 9 con competición deportivas e coa presentación dos equipos do Club balonmán Chapela. Ao mediodía terá lugar a comida popular  e xa pola tarde xogos popular para animar a sobremesa. A partir das 21:00 horas arrancarán os concertos con presenza do grupo local Os Escaravellos, Choran as pedras e Mini e Mero, músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura, membros históricos de Fuxan os Ventos ou A Quenlla e que teñen colaborado activamente en diferentes actividades organizadas en Chapela.  

Victor Castro Froles Mareliñas
O presidente da asociación fala da xornada de convivencia do sábado
Música folk con MIni e Mero
Unha verbena para os amantes da música folk con presenza tamén de Choran as Pedras e os Escaravellos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará