O programa está dirixido a mozos do municipio de entre 14 e 18 anos e permitirá a un total de 15 participantes entrar en contacto co mundo laboral nun proxecto que pretende facilitarlles a elección dunha profesión.
“Deseñando ou teu futuro” é un proxecto educativo que pretende orientar á mocidade do municipio á hora de escoller unha profesión para o seu futuro. Mediante visitas e pequenas prácticas en empresas de diversos sectores os mozos poderán coñecer en profundidade o traballo realizado en multitude de empresas, restaurantes, empresas tecnolóxicas, un espazo de coworking ou a propia administración pública.
Ademais, o proxecto tamén inclúe actividades lúdicas adaptadas ao concepto educativo do proxecto, xa que as empresas que proporcionan estes servizos tamén instruirán aos mozos nas particularidades do sector do lecer por se prefiren esta saída profesional.