Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de veciños de Chapela esixe a inmediata reestruturación do consello parroquial

RR_Noticias

A raíz do acontecido no último consello parroquial no que se aprobou por parte dos colectivos alí representados a proposta de compra por parte do concello do edificio ilegal da Puntela, lembran dende a Asociación de Veciños que este órgano “non conta cunha representación plural e representativa da veciñanza da parroquia” x a que dos doce representantes presentes en dito consello “5 son membros da Asociación de afectados pola AP-9 e a Comunidade de Montes” e outros catro “son dirixentes do PP”. Entre outras cuestións reclaman que se retire deste órgano a representación a aqueles colectivos que non sexan específicos da parroquia como a Asociación de Empresarios ou a Asociación de xubilados.

Para a Asociación de Veciños de Chapela o acontecido nese Consello parroquial amosa que é preciso promover canto antes reformas no regulamento que rexe estes órganos consultivos. Modificacións que ao seu entender deberían ir no sentido de retirar a representación neste órgano daquelas asociacións non especificamente da parroquia e crear un grupo específico para Asociacións de Veciños rexistradas como tales e outro grupo para asociacións ou plataformas, que non pertenzan a outros sectores, cumprindo o acordo plenario aprobado en marzo de 2014.
Medidas estas coas que se tentaría solucionar a situación actual na que se da a circunstancia de que dos 9 representantes que votaron a favor da compra do edificio de Chapela  “5 son directivos do colectivo afectados pola AP-9 e membros da Comunidade de Montes (os representante do club de fútbol, das ANPAS, da Comunidade de Montes, da asociación de empresarios, e o da Asociación de Afectados pola AP-9) e 4 son dirixentes do PP (o delegado do alcalde, o representante do PP, o representante da Asociación Cultural e Social de Chapela e a representante da Asociación de Xubilados de Redondela).
Entenden tamén que se deberían definir os asuntos a tratar nos consellos  sen un criterio partidista e que os sectores e colectivos representados deben coñecer previamente e debater cos seus representantes, os asuntos que van ser tratados no pleno do Consello Parroquial, xa que aseguran que no caso do polémico edificio os representantes dos colectivos votaron sen consulta previa ao sector que representan.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará