O Concello de Redondela dende a concellería de Ensino ven de entregar os cheques para a compra de material e libros. Esta axuda, por valor de 73,89 euros, é complementaria para as etapas de educación infantil (alumnos de 3,4 e 5 anos) para as familias censadas en Redondela.
O importe concedido neste cheque é canxeable nos distintos establecementos libreiros do concello que colaboran nesta convocatoria.
O número de solicitudes admitidas este ano ascende a 113 ás que se lles concede un importe de 73,89 euros a cada un polo que o concello destina un orzamento total para estas axudas 8349,57 €.
A educación do período comprendido entre os tres ate os cinco anos, non é obrigatoria, pero aquelas familias que deciden matricular ós seus fillos e fillas nesas idades, saben que dende o concello de Redondela contan con esta axuda para sufragar si non todos, cando menos unha importante parte dos gastos do material escolar que estes han usar para o curso.
Trátase dunha medida que fomenta a escolarización temperá destes cativos, introducíndoos xa no sistema e os costumes do colexio, e tamén axudando a conciliar en moitos casos a vida laboral ou a problemática social e familiar coa crianza e atención dos meniños máis pequenos da casa.