Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o ciclo de monólogos Humor na súa tinta coa actuación do actor Edu Soto

RR_Noticias

O Multiúsos da Xunqueira acolle este domingo ás 18:00 e 20:00 horas a actuación do humorista e actor Edu Soto. O tamén coñecido como El Neng de Casteldefels, será o encargado de abrir un ciclo de monólogos que  baixo o nome “Humor na súa tinta” achegará a Redondela os mellores monologuistas actuais: Javier Veiga, Álex O,Dogherty, Miguel Lago e Carlos Blanco.

MoitaMerda promocións en colaboración co concello de Redondela organizan o ciclo de monólogos humor na súa tinta, que achegará ao Multiúsos da Xunqueira nos vindeiros meses a cinco monologuistas de renome. A primeira das propostas, este mesmo domingo, será a cargo de Edu Soto, actos, humoristas e cantante quen ofrecerá o seu espectáculos en dous pases, ás 18:00 e as 20:00 horas. Unha a ctuación atractiva como o amosa o feito de que as entradas para o segundo dos pases estean xa esgotadas. Non vindeiros meses pasarán polo Multiúsos Jaiver Veiga (22/outubro), Alex O,Dogherty (19-novembro), Miguel lago (17-decembro) e Carlos Blanco (21-xaneiro). As entradas pódense adquirir xa para calquera dos espectáculos en www.ticketea.com ou un mes antes da cada función no Café da Vila a un prezo de 10 euros. Na billeteira o prezo será de 13 euros.  

Juan Quintela MoitaMerda promocións
Un ciclo de mnólogos con estilos variados
Edu Soto
Acto humorista e cantante encargado de abrir o ciclo
Un xénero que repunta
Os monólogos teñen moito tirón e son máis doados de mover que o teatro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará