Primeiro partido dunha tempada na que o equipo de Chapela se estrea nunha nova categoría, a esixente Terceira Autonómica. Non puido ser e na súa visita a terras herculinas caeu ante o 5 Coruña por 6-5. Con todo satisfacción no banco do Campito porque as sensacións foron boas e os xogadores responderon. De feito, a falta de menos dun minuto de soar o pitido final o equipo estaba empatado a cinco tantos.
Sería a falta de tan só segundos cando os coruñeses lograron o tanto que lles deu a vitoria e que deixou o marcador definitivo con eses 6-5 a favor dos locais. Na vindeira semana xogan na casa, primeira cita coa súa afección nun pavillón no que recibirán ao Outeiro de rei.
O resto dos equipos de Redondela, neste caso os que militan na Autonómica Sur, arrancan tamén esta fin de semana a tempada, será o sábado 23. O Redondela FS visitará o campo do Celado e o Arealonga medirase co Cesures.