A organización xuvenil do BNG realizou unha visita reivindicativa á Illa de San Simón. Ao chegar á Illa, o deputado nacionalista Luís Bará, experto en memoria histórica, acompañou aos asistentes das XXVIII Xornadas de Verán da Mocidade Galega pola Illa, nun roteiro que permitiu coñecer en vivo e en directo os lugares onde actuaba o franquismo e que acontecía realmente na Illa, usada como campo de concentración durante a ditadura.
Ao mesmo tempo, os asistentes despregaron unha pancarta reivindicativa na que esixían que dita Illa volva ser “Illa da Memoria”, tal e como así o establecera o goberno bipartito no ano 2006, “título que lle retirou o Partido Popular cando Feijóo chegou á Xunta no 2009” afirmaba Luís Bará. “Denunciamos de maneira xeral a equidistancia que o Partido Popular mantén con todas as cuestións referidas a condenar todas as actuacións do réxime franquista” engadiu o deputado nacionalista.