Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“O Valo” un espectáculo de Pallasos en Rebeldía no Multiúsos de Chapela

RR_Noticias

Unha nena que foxe da guerra e un rapaz soldado protagonizan a proposta, que se representará o mércores 20 ás 12:00 horas no Multiusos de Chapela. Promover a reflexión sobre as fronteiras e a situación das persoas refuxiadas é a finalidade deste espectáculo de clown creado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

A peza representarase este mércores en Chapela seguindo o seu percorrido por dez concellos socios da entidade. Alumnado de Primaria de tres colexios do municipio achegarase a ver a obra, na xornada previa ao Día Internacional da Paz. O obxectivo é evitar o esquecemento das guerras e da xente que delas foxen, ao tempo que se convida a transformar a realidade pensando un mundo diferente.
Dous actores interveñen no espectáculo “O valo”, baseado no texto homónimo que lle valeu a Carlos Labraña o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. A proposta representa o encontro entre unha nena que escapa da guerra e un rapaz soldado, gardián devoto de fronteiras móbiles. Cómpre ter en conta que o conflito en Siria obrigou a máis de cinco millóns de persoas a abandonar o país na procura de refuxio noutros lugares, entre as que se achan moitas menores. “O valo” é unha obra escrita en homenaxe a todas elas, para que as teñamos presentes e as súas vidas constitúan o xerme da loita contra todos os valados, muros e fronteiras que separan os seres humanos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará