O Departamento de Xuventude de Redondela organiza esta acción formativa práctica, dirixida a mozos de entre 16 e 30 anos que se desenvolverá entre o 25 de setembro e o 5 de outubro. As persoas interesadas teñen de prazo ata mañá xoves día 21 de setembro para se inscribir no rexistro do Concello.
Está acción está plenamente dirixida á práctica, no manexo e familiarización con maquinaria utilizada no sector laboral do movemento de materiais (Pontes-guindastre, Guindastres sobre camión e carretas elevadoras).Terá unha duración de 50 horas. O curso conta cun orzamento de 6.000 euros finaciados a través dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia.
Os participantes aprenderán a manexar os medios de transporte equipados con guindastres que se empregan para descargar e cargar materiais en diversos sectores, coñecerán os tipos de empresas que se equipan con pontes-guindastres, cales son as súas funcións principais e como se utilizan na contorna laboral e adquirirán habilidades para o manexo de carretas elevadoras mediante prácticos sobre o principal medio de recollida, transporte e depósito de mercadorías.
As prazas outorgaranse por rigorosa orde de inscrición, avisando con anterioridade do inicio aos interesados que teñan praza concedida.