Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aer demanda melloras na accesibilidade aos Servizos Sociais

RR_Noticias

Acusan ao goberno de incumprir un acordo plenario no que se comprometían a reorganizar o espazo no que actualmente se atopan tanto os Servizos Sociais como o Centro de información ás Mulleres (CIM) co obxectivo de garantir que as persoas discapacitadas puideran acceder a estes servizos municipais libremente. Engaden que malia que durante un tempo si se habilitou unha aula na baixo do edificio para realizar esta función hai catro meses o goberno decidiu prescindir deste espazo o que obriga aos traballadores a trasladarse ao Concello cando algún usuario non pode acceder as súas oficinas.

A moción aprobada establecía que os Servizos Sociais puideran empregar a totalidade da primeira planta do actual edificio no que se atopan, proporcionando así accesibilidade ao servizo e favorecendo o espazo de traballo, a atención aos usuarios e almacenaxe dos expedientes.  Unha das aulas desa planta baixa, que xa levaba tempo baleira e sen ningún uso, pasou nese momento con este acordo plenario a ser utilizada por este departamento para atender a usuarios con mobilidade reducida. Con todo, “hai uns catro meses o goberno local obrigou a desaloxar ao departamento de Servizos Sociais desta aula da primeira planta”.
A Agrupación de Electores asegura que actualmente as traballadoras vénse obrigadas a desprazarse xunto cos usuarios ata as dependencias da Casa do Concello, a uns 100 metros de distancia, para alí tentar facer uso dalgunha das estancias que nese momento poidan estar baleiras e cunha total carencia de intimidade.
Acusan ao goberno local de “eliminar dun plumazo a accesibilidade dos usuarios ao servizo e a posibilidade de que as traballadoras sociais poidan atendelos no propio edificio, con acceso aos seus expedientes e coa intimidade que require a súa labor diaria e atención aos cidadáns” e esixen que se corrixa esta situación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará