Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Ventorock amplía a dous días a súa programación e pecha o cartel con oito bandas

RR_Noticias

Un festival de música rock que da un salto cualitativo nesta X edición ao ampliar o seu programa a dúas xornadas, con concertos a partir das 22:00 horas do venres e un intenso programa o sábado con concentración de motos, actividades para os máis pequenos e música en horario nocturno.

A parroquia de Ventosela convértese nesta fin de semana en lugar de encontro para os amantes da música rock. X edición do Ventorock que neste 2017 recupera a un total de oito agrupación que xa pasaron en anos anteriores polo escenario do festival. Os primeiros en subirse ao escenario será Antón Ké, o grupo de Redondela Sete Cuncas, os vigueses The Malvertons e o grupo de ska chegado dende Bueu The Skarnivals. Dentro do programa do sábado terá lugar a segunda edición do Ventomotor que consistirá nunha quedada moteira ás 17:00 horas no recinto do festival , exposición de motos clásicas e magosto. En paralelo os máis pequenos poderán gozar nesa xornada de actividades en torno ao circo e un inchable á súa disposición. Pola noite, a música volverá ser a protagonista con Homenaxe a Led Zeppelin, o rockabilly chegado dende Santiago con Madmartin Trío e a música de Recambios Tucho. Pechará o festival o grupo Sozios a la fuerza, formación tributo a La Polla Records chegada dende Muros. Un programa completamente de balde para cuxa organización é indispensable a colaboración dos locais comerciais de Redondela “dende a Asociación agradecemos a súa implicación neste evento, porque senón non sería posible a súa celebración” asegura Pablo Ubeira.  

Pablo Ubeira A.X. Ventorock
Unha programación que se amplía a dous días
Unha noite de música
Actuación o venres de Antón Ké o grupo de Redondela Sete Cuncas os vigueses The Malvertons e o grupo de ska chegado dende Bueu The Skarnivals
Un sábado variado
A programación do sábado será diurna e nocturna

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará