Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita un pleno extraordinario para abordar a situación tras a vaga de lumes en Soutomaior

RR_Noticias

O grupo municipal do BNG rexistrou unha iniciativa para abordar os diferentes problemas  que afectan a Soutomaior logo da vaga de lumes que arrasou o concello o pasado domingo día 15 e madrugada do luns 16 de outubro. Os lumes provocaron situación dramáticas poñendo en perigo numerosas vivendas e mesmo a vida das persoas en barrios como Cortellas, Aranza, Moreira, Val Sobral e Lourido.

Dende o BNG apuntan que o primeiro era apagar o lume e axudar aos veciños feridos e que miraban perigar as súas casas. Agora toca “poñernos a traballar entre todos para que esta situación non se produza nunca máis”.
 Manu Lourenzo indicou tamén que os incendios arrasaron en torno ao 80% do monte de Soutomaior, e sinalou que aínda non temos unha avaliación de danos, e algunhas das información que se están a emitir dende o goberno son confusas e contraditorias como no caso da declaración de zona catastrófica.
Na súa proposta os nacionalistas inclúen unha batería de medidas encamiñadas a abordar este problema dende diferentes perspectivas. Entre elas a colaboración das institucións cos afectados, a creación dunha mesa de traballo contra o lume no que estean presentes as comunidades de montes e outros axentes implicados, a loita contra o monocultivo de eucalipto e a promoción do carballo e as especies autóctonas,  a tramitación das solicitudes de axudas aos afectados, e mesmo a organización do voluntariado “para que poidamos recuperar o monte con orde e eficacia.
Xuntanza cos veciños
O BNG iniciou tamén no día de onte unha rolda de reunións cos veciños para entre todos abordarmos unha situación que esixe unidade e solidariedade.  A primeira das xuntanzas tivo lugar onte na casa do pobo de Cortellas, e dende o BNG facilitaron á veciñanza información sobre a lexislación relativa á prevención así como para tramitar a solicitude de axudas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará