Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tanamañó comprométese a incrementar o uso do galego nas necrolóxicas e lápidas

RR_Noticias

O Concello de Redondela dende o seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL) vén de asinar a renovación do convenio de galeguización do Tanatorio Tanamañó. Acordouse avanzar no proceso de normalización lingüística, para garantir os dereitos dos galegofalantes. Neste sentido Tanamañó comprometeuse a fomentar e estender o uso do galego, a ofrecer modelos de necrolóxicas e lápidas funerarias en lingua galega e a respectar a toponimia oficial. Pola súa parte, o concello ofreceu o asesoramento e o material lingüístico que fose necesario.

Esta sinatura realízase no contexto da campaña “En galego, agora e sempre”, que a Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística está a promover por toda Galicia. Desta maneira Redondela súmase a tantos outros concellos interesados na promoción do galego.
Ao acto asistiron o alcalde Javier Bas, en representación do Concello, e Alfonso Pereira e Xosé Santos, en representación do tanatorio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará