Os hostaleiros e comerciantes da rúa Pai Crespo organizan dúas xornadas de actividades orientadas a público adulto e infantil co obxecto de celebrar o Samaín e dinamizar esta zona comercial do casco urbano. Ademais das actividades de rúa, os locais da zona ofrecerán pinchos típicos do samaín galego.
O programa arrancará na xornada de hoxe cun taller infantil de Samaín que se vai desenvolver entre as 17:00 e as 20:00 horas. Con todo, o groso das actividades terá lugar na tarde de mañá. Arrancará cun obradoiro infantil e un taller de maquillase a partir das 17:00 horas que se prolongará ata as 21:00 horas con animación a cargo dun grupo de foliada. Pechará a xornada unha queimada na medianoite cunha pequena representación do conxuro.