Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Instituto de Chapela celebra o Día da Ciencia en Galego cunha feira científica

RR_Noticias

“Non é maxia… é ciencia” é o nome da exposición que se pode visitar no vestíbulo do Instituto os días 8 e 9 de novembro durante os recreos da mañá. En total son quince experimentos científicos que serán explicados polo alumnado do centro. Con esta actividade quérese celebrar o día da Ciencia en Galego, data escollida polas asociacións de profesorado de ciencias para mostrarlle á sociedade a variedade e riqueza da investigación científica que se realiza empregando a nosa lingua e que se conmemora o 4 de novembro.

Ao redor desta data o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e os departamentos da área de Ciencias do IES de Chapela organizan dúas actividades: a feira científica “non é maxia… é ciencia” que recolle experiencias sorprendentes que contan cunha explicación científica relacionada coa Física, a Química, as Matemáticas, a Tecnoloxía, a Música, a Bioloxía ou a Xeoloxía. A explicación será dada por alumnado voluntario da ESO e Bacharelato que xa leva semanas preparando os experimentos co profesorado da área de ciencias.
Unha conmemoración que incluíu tamén a conferencia “Nanotecnoloxía aplicada á medicina”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará