Está xa aberto o prazo de inscrición para participar no XVI Concurso de Postais de Nadal coa posibilidade de presentar os traballos a concurso ata o 18 de decembro ás 20.30 horas na Oficina Municipal de Información Xuvenil no Multiúsos de Arcade.Unha convocatoria coa que se quere promover o desenvolvemento da creatividade entre a mocidade pero tamén apoiar a participación no ámbito artístico en todas as idades.
Este concurso vai dirixido a todas as idades a partir dos 2 anos. A temática do concurso será o Nadal, cunha interpretación libre sobre o significado destas datas representadas de maneira creativa e orixinal onde se primará a calidade, innovación, orixinalidade nas técnicas, o acabado das postais, a idea, entre outros criterios.
Haberá dúas modalidades: unha simple con 5 categorías e unha tridimensional con catro categorías. Premiaranse en cada categoría 4 postais e haberá un agasallo para todas as persoas que participen neste concurso. En total repartiranse 32 premios.
Este ano auméntanse os premios e ademais, introdúcese un cambio co que se pretende reforzar e potenciar o comercio local en Arcade e Soutomaior. Polo que, haberá máis vales – premio e estes terán que trocarse soamente en locais comerciais do municipio. A entrega de premios realizarase o venres 22 de decembro no Multiúsos ás 19.30 h
As persoas interesadas en participar neste concurso poden consultar as bases do Concurso en www.soutomaior.com ou en www.gabinetesoutomaior.com