Fran Rei e Pedro Brandariz da compañía Os sete magníficos máis un sóbense ao escenario en Redondela para ofrecernos unha comedia na que reflexionan sobre como os galegos nos enfrontamos a certas situacións rutineiras. Prometen gargalladas nunha obra na que o espírito do clown estará moi presente e na que apelarán á colaboración do público. As entradas están xa a venda no Multiúsos da Xunqueira a un prezo de 7€ público en xeral, 3€ entrada reducida.
Bivalvos como galegos é, segundo explica Fran Rei, unha reflexión chea de retranca sobre cómo nos enfrontamos os galegos a certas situacións rutineiras, como poden ser os trámites burocráticos, saír a comprar a prensa un domingo pola mañá ou unha cea romántica nun restaurante demasiado moderno. Un humor moi particular que non sempre é entendido fóra das nosas fronteiras pero que é común aos galegos. Unha obra que recolle unha serie de sketch que ao longo de varios anos estes dous actores-pallasos Pedro Brandariz e Fran Rei, foron realizando diante das cámaras no programa Luar da TVG e que unen para facer unha comedia de hora e media de duración.