Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha ruta do terror reúne a 300 persoas en Nespereira

RR_Noticias

O Samaín resístese a abandonarnos e este sábado o seu espírito regresará a bisbarra. Concretamente á parroquia de Nespereira en Pazos de Borbén onde se celebra a III ruta nocturna do terror que contará coa participación de 300 persoas. O éxito da proposta obrigou aos organizadores a pechar o prazo de inscrición antes do previsto ao esgotarse as prazas existentes.

Grandes e pequenos están inscritos a esta actividade que arrancará nos montes de Nespereira ás 21:00 horas do sábado. Será noite pechada coando os participantes deberán enfrontarse a unha ruta de cinco quilómetros na que o medo está garantido: meigas, santa compaña e outros espectáculos irán aparecéndolle aos intrépidos participantes ao longo do percorrido ao tempo que deberán superar diferentes probas. Unha actividade organizada por Alecrín Aventura e a Asociación Cultural Nespereira que esgotou as prazas  rapidamente e que leva aos seus promotores a estudar a posibilidade de realizar propostas semellantes noutra época do ano.  

Verónica Gómez Asociación Nespereira
Cinco kilómetros de terror
III edición
Un éxito que obriga a repetir

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará