Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

400 escolares de Redondela participan dun obradoiro de caligrafía medieval no Multiúsos

RR_Noticias

A actividade, enmarcada dentro do programa de actos que se están a desenvolver en diferentes concellos da área metropolitana co gallo da exposición do pergamiño Vindel no Museo do Mar en Vigo, arrancaba na mañá de hoxe e prolongarase ata o 15 de decembro. O alumnado achegarase ao laborioso traballo dun copista medieval. O obradoiro, que leva por nome “Scriptorium”, complétase cunha exposición aberta ao público na que se poden ver os materiais empregados na iluminación e escritura dun pergamiño.

A Consellería de Cultura e Educación organiza, a partir de hoxe e ata mediados de decembro, un obradoiro que baixo o título Scriptorium. O mestre dos códices pretende introducir os máis novos no mundo da escritura manuscrita e a iluminación de códices. Un xeito diferente de aproximarse ao Pergamiño Vindel que xa cumpriu un mes de estadía en Galicia, no marco da exposición que acolle o Museo do Mar de Vigo. Os martes e venres, desde hoxe e ata o venres 15 de decembro, alumnas e alumnos dos centros de ensino de Redondela poderán participar neste obradoiro que lles vai permitir coñecer e recrear o laborioso proceso de escribir e iluminar un pergamiño. O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves; e a concelleira de Cultura de Redondela, Teresa París, déronlle a benvida á trintena de alumnos e alumnas de 5º de primaria do CEIP Santo Paio de Abaixo que participaron no primeiro dos obradoiros, ademais de visitaren a mostra que acompaña a actividade e que está aberta a todo o público. Esta primeira xornada completouse cun segundo obradoiro no que participou alumnado de 1º de ESO do IES Illa San Simón.  

Anxo Lorenzo secretario xeral de Cultura
Unha iniciativa en paralelo coas actividades do Pergamiño Vindel
Teresa Paris edil de Cultura
400 escolares redondeláns pasarán por este obradoiro
Rocio Maríns Mekané Didáctica
O alumnado coñecerá de primeira man o que era o laborioso traballo de copista
Materiais do medievo
Coñecerán como se iluminaban e escribía neses pergamiños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará