Redondela acollerá na fin de semana dos días 16 e 17 unha nova edición da tradicional feira de artesanía de Nadal na que participarán un total de trinta postos para ofertar os seus produtos realizados de xeito artesanal, típicos do Nadal e tamén obxectos de uso doméstico aos que lle imprimen un selo persoal. Os postos estarán ubicados na rúa Ribeira, ao carón da Alameda.
Os comerciantes que queiran participar deberán inscribirse antes do 1 de decembro presentado unha solicitude (que poden descargar da páxina web do concello) no rexistro xeral.A feira non acepta produtos alimenticios e o seu horario será o sábado 16 de 10.00 a 22.00 horas e o domingo 17 de 10.00 a 21.00 horas.