O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy entrega este sábado os seus premios de fotografía nun acto que terá lugar no Circulo Cultural Deportivo de Cesantes e que arrancará ás 18:30 horas coa apertura da exposición que se poderá visitar neste local ata final de ano. Proxéctase unha película sobre “O porto de Cesantes” e o acto estará amenizado pola música do grupo “Aires do mar de Teis”.
O Obradoiro de Estudos Locais F.M, entregará este sábado día 25 de novembro as 18:30 horas, no Centro Cultural Deportivo de Cesantes, os premios da XII edición do tradicional concurso de fotografía. O xurado elixiu como mellor foto a presentada por Javier Yárnoz Sánchez “Dende Neno”. Na categoría de adultos resultaron premiados Marité Justo Pintos e Diego Markwalder Gato mentres que Marcos Costas Castro recibiu o primeiro premio na categoría xuvenil, na que tamén se premiou a Birtukan González Valles. Todas as imaxes presentadas a concurso poderán verse nesta centro cultural ata final de mes e pasarán logo a mostrarse no Multiúsos da Xunqueira.