Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tres comunidades de auga solicitan ao Concello o abastecemento con camións cisterna

RR_Noticias

A situación de seca empeora día tras día e son xa tres as comunidades de auga que demandaron do concello un servizo que dende hai días xa se está a realizar en Asnelle de Abaixo, cun subministro a través de camións cisterna. A seguinte en reclamar esta abastecemento foi outro barrio de Reboreda, o de Santo Paio de Arriba e agora súmanselle a Comunidade do barrio da Formiga en Cedeira, onde máis de trinta vivendas están a padecer a falta de auga.

O Concelleiro de Medio Ambiente, Miguel Ángel Álvarez fai un chamamento a un consumo responsable porque a auga é un ben escaso, como o está a demostrar o feito de que se teñan que tomar medidas excepcionais en todo o sur da provincia. Unha delas, acordada onte pola Xunta e o Concello de Vigo pasa por un trasvase de auga do río Verdugo ao encoro de Eiras, do que se abastecen entre outros o noso concello. Unha medida que para o edil é “un mal menor” ante unha situación excepcional que require de medidas pouco aconsellables medioambientalmente pero que buscan garantir o consumo dos veciños. En principio o consumo doméstico non corre perigo “á espera de calquera novidade que poida determinar Augas de Galicia” para aqueles domicilios conectados á rede municipal que xestiona Aqualia. En peor situación atópanse outros veciños, como os que dependen dalgunhas Comunidades de Augas que teñen os seus depósitos practicamente baleiros. Algunhas delas xa trasladaron ao concello a necesidade de que se lles subministre auga a través de camións cisterna. É o caso de Asnelle de Abaixo e Santo Paio de Arriba a quen se lle ven sumar esta semana as máis de 30 vivendas que dependen da comunidade de augas da Formiga. En peor situación están en Quintela onde a seca lles afecta dende maio. Neste caso renuncian a recorrer ao servizo dos camións cisterna porque entenden que non sería suficiente para encher os seus depósitos e recriminan ao concello que non se obrigue ás vivendas situadas a menos de cen metros da rede municipal a conectarse a Aqualia, o que suporía un alivio para as reservas da comunidade. Unha medida que asegura Alvarez xa se está a aplicar.    

Miguel Ángel Álvarez Medio Ambiente
Tres comunidades xa trasladaron a petición ao concello para que lles abastezan auga
Trasvase do Verdugo
Medida extraordinaria nunha situación difícil
Traída veciñal vs Aqualia
O COncello insta aos veciños a menos de 100 metros a conectarse

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará