Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Actividades medio ambientais en Cesantes e Soutoxuste

RR_Noticias

A Concellería organiza este sábado e domingo dúas actividades que perseguen concienciar sobre a importancia do noso litoral con visitas ao sistema dunar de Cesantes e unha saída fotográfica que permitirá coñecer a riqueza paixasística e de fauna na zona de Soutoxuste, As actividades son de balde e están abertas a toda a cidadanía que pode anotarse chamando ao Concello no número 986400300, enviando un Whatssap ao 698142025 ou mediante correo electrónico á dirección: medioambiente@redondela.gal. As prazas son limitadas.

A primeira das citas será unha saída dende o porto de Cesantes o sábado día 2 ás 10:30 h ata 13:30h. Estará orientada a coñecer e comprender o funcionamento dun sistema dunar e as súas repercusións ambientais. Falarase das pradeiras de Posidonia e fomentarase a concienciación de protexer estes ecosistemas tan ameazados pola contaminación nas zonas costeiras. Contarase coa colaboración de Faia Educación Ambiental. A segunda actividade, domingo día 3 de 10:30 h ata 13:30h, consistirá nunha saída fotográfica de aves e natureza que se desenvolverá na enseada de san Simón e Soutoxuste. Contará cunha parte teórica e outra práctica. O punto de encontro será no multiúsos da Xunqueira. O obxectivo é o recoñecemento de especies por medio da fotografía no entorno dun espazo natural protexido polas figuras ZEC (Zona de Especial Conservación) e ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves). Será preciso levar cámara fotográfica. Contarase coa colaboración de Ecotono. Para tódalas actividades se recomenda levar un calzado cómodo e apto para zonas húmidas.  

MIguel Ángel Álvarez Medio Ambiente
Actividades medioambientais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará