Un mal arranaque ligueiro condena aos de Javier Merino aos postos de descenso. Logo de 11 xornadas suman só 7 puntos. Malia o xogo do equipo, que compite a bo nivel, moitos partidos escapanselles nos últimos minutos. Unha situación que Fran Iglesias, da directiva, está convencido de que poderán reverter se o equipo sigue unido e traballando como ata agora.
Dúas vitorias, un empate e oito derrotas. Ese é o balance das primeiras once xornadas de liga do Redondela F.S. Queda aínda moita liga por diante, pero trasncorrido un terzo do campionato, os números non son bos. Fran Iglesias lamenta a situación, malia o bo xogo do equipo, que en moitas ocasións deixou escapar partidos “nos últimos dez minutos”. A temporada comezou tamén coa lesión dun dos xogadores chamados a ser un referente no vestiario, Michel. O reforzo foi baixa no primeiro partido de liga, por unha lesión de xeonllo da que está a piques de recuperarse. Con todo, Iglesias afirma que o equipo ten un plantel o suficientemente amplo como para non resentirse das baixas. A liga de Autonómica Sur está a ser moi competitiva, onde podes gañar ou perder “con calquera equipo da táboa”. De de feito o Redondela xogou a gran nivel ante rivais situados na parte alta da clasificación. Iglesias está convencido de que o bo xogo do equipo “dará resultados”, e que malia a situación complicada que atravesan, deben seguir traballando unidos para acadar os obxectivos. O equipo redondelán non pode deixar escapar a vitoria na próxima xornada ante o Cesures, tamén en postos de decenso, e cun punto máis que os redondeláns.