Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jazz cubano con Alejandro Vargas Trío e Rosa Cedrón no Multiúsos da Xunqueira

RR_Noticias

Este concerto, que se poderá ver o sábado ás 21:00 horas no Multiúsos, fará un repaso dos 12 temas do disco de “Chané na Habana”, gravado a finais de xullo no Auditorio de Galicia. Arranxos actuais sobre o repertorio recuperado de Chané, unha das figuras do rexurdimento musical galego a finais do século XIX e que morreu na Habana no 1917.

Entrada de balde, as invitación deben retirarse unha hora antes do inicio do concerto.
“Chané na Habana” é o novo espectáculo musical de aCentral Folque que xunta a un grupo de artistas do mundo do jazz, a clásica e o folk, reunidos especialmente para reinterpretar o repertorio de José Castro “Chané” no centenario do seu pasamento. Alejandro Vargas Consort & Camerata Egeria coa cantante Rosa Cedrón súbense ao palco para tocar, cantar e gravar as cancións do xenial compositor galego.
Co obxectivo de ofrecer unha visión nova e desprexuiciada do clásico galego abórdase a súa obra dunha forma inédita: desde o sentir musical cubano. Chané viviu e desenvolveu grande parte da súa obra na Habana, onde morreu. Hoxe, cen anos despois da súa morte, son unha selección de extraordinarios músicos liderados polos cubanos Alejandro Vargas e José Manuel Díaz os que abrazan e reelaboran o seu repertorio para devolvelo con unha nova vitalidade ao maxín popular galego.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará